InicioSucesosDetido en Vigo un mozo de 18 anos por golpear e dar...

Detido en Vigo un mozo de 18 anos por golpear e dar puñadas a súa moza por ciumes

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo de 18 anos, K.G.C., foi detido en Vigo na madrugada do pasado sábado tras golpear, dar puñadas e tirar ao chan á súa noiva, N.O. de 19 anos de idade.

Segundo informou a Policía Local, o suceso ocorreu sobre as 4,30 horas na rúa Arenal, cando os axentes foron alertados de que un home estaba a agredir a unha muller.

Unha vez no lugar, a Policía puido ver a unha muller tendida no chan e a un mozo sobre ela golpeándoa no peito e na cara, á vez que a zarandeaba contra o piso.

Os actuantes separaron ao home e identificaron á parella. Foi ela a que manifestou que o agresor era o seu noivo e que a golpeou por unha cuestión de ciumes. Desta maneira presentaba dores no peito, no pescozo e un rabuñazo na perna esquerda, polo que tivo que ser atendida polos servizos sanitarios. Por todo iso, o home foi detido pola presunta comisión dun delito de Violencia de Xénero.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...