InicioEconomíaEmpresarios e sindicatos aproban unha suba salarial do 6,58% no convenio do...

Empresarios e sindicatos aproban unha suba salarial do 6,58% no convenio do metal da provincia

"Este incremento supón de media 100 euros máis cada mes que multiplicado por 14 pagas supón de media anual máis de 1.400 euros", destacan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Comisión Paritaria do Metal de Pontevedra, composta polos sindicatos asinantes do convenio (CC.OO. e UGT) xunto coas asociacións empresariais Asime, Atra e Instalectra, aprobou as novas táboas salariais do sector para o ano 2022, que supoñen unha suba do 6,58%.

Tal como explicou a delegación de Industria de Comisións Obreiras, antes de aplicar a suba do 1,75% pactada para este ano, actualizáronse primeiro as táboas co IPC do 4,75%, polo que a suba total foi do 6,58%, en comparación cos salarios do exercicio pasado.

“Este incremento supón de media 100 euros máis cada mes que multiplicado por 14 pagas supón de media anual máis de 1.400 euros“, destacou CC.OO., deixando así uns soldos que van desde os 37.447 euros ao ano dos traballadores do grupo 1 (enxeñeiros e licenciados) ata os 18.865 euros do grupo 7 (peóns, vixiantes, porteiros e ordenanzas).

Desde a organización sindical subliñaron a importancia deste incremento salarial no convenio provincial do metal, xa que se se aproba a reforma laboral, “o convenio será o de referencia para os convenios de empresa do sector que en materia salarial non poderán estar por baixo”.

CC.OO. aproveitou a ocasión para criticar a outros sindicatos que non asinaron o convenio. “As melloras do convenio son grazas aos sindicatos que asinan, os convenios sen asinar non teñen melloras e é sorprendente que o sindicato nacionalista, sendo a forza maioritaria no metal, leve desde 2006 sen asinar o convenio e desde esa data xa van seis convenios”, lamentou.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...