InicioSociedadeO novo título de Ciberseguridade Industrial da UVigo arrinca con todas as...

O novo título de Ciberseguridade Industrial da UVigo arrinca con todas as prazas cubertas

Trátase dun título único en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O novo título propio de Ciberseguridade Industrial da Universidade de Vigo (UVigo), único en Galicia, comezará a impartirse esta semana con todas a súa praza cubertas. O coordinador do mesmo, José Ignacio Armesto, xunto co tamén docente Miguel Díaz-Cacho, cualificaron esta acollida de “todo un éxito”.

Esta será a primeira edición dunha titulación propia da UVigo que se sitúa dentro da oferta académica da Escola Aberta de Formación Permanente e que nace para crear pontes entre o perfil formativo industrial e o das tecnoloxías da información e a comunicación “nun contexto de dixitalización das plantas industriais”.

“Trátase de dar resposta ás necesidades do mercado laboral, que demanda para a Industria 4.0 profesionais cun maior nivel de formación tecnolóxica”, explicaron os seus impulsores.

O curso, que se impartirá de forma virtual ata o mes de setembro, busca actualizar os coñecementos dos profesionais do ámbito industrial e tamén formar novos especialistas.

Desde que se aprobou esta nova titulación no mes de outubro, máis de 130 persoas solicitaron información da mesma, o que axudou a que comece esta semana coas súas 30 prazas cubertas. Respecto ao perfil do alumnado, principalmente son galegos, aínda que sete proceden do resto de España e un, de Latinoamérica.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...