InicioDeportesIago Aspas, a estrela de Moaña a polo Zarra

Iago Aspas, a estrela de Moaña a polo Zarra

O de Moaña, con 30 anos, está no máis alto da súa carreira deportiva e compite con Messi, CR7 e Luis Suárez por ser pichichi.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Iago Aspas leva máis de 20 goles no que vai de Liga. Uns goles que o sitúan coma un dos dianteiros con máis efectividade, só superado, polo momento, por Messi, Ronaldo e Luis Suárez.

É, sen dúbida, o xogador europeo da Liga que pode poñer en certos apuros o dominio americano. Así, esta tempada aspira a gañar de novo o Trofeo Zarra ao máximo goleador español da Liga Santander.

Aos seus 30 anos, Aspas é un dos xogadores máis en forma da Liga e é un dos indiscutibles do adestrador, Juan Carlos Unzué. Xa foi nomeado Mellor Xogador do Mes o pasado novembro e a súa traxectoria futbolística vai en ascenso. Pode acabar, como o pasado ano, sendo o mellor español e europeo da Liga, só superado por Messi, con quen algúns comezan xa a comparalo por ser unha peza fundamental e indiscutible do seu equipo.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...