InicioSucesosDetida unha muller por agredir a un taxista e a un axente...

Detida unha muller por agredir a un taxista e a un axente de Policía Local

A muller negárase a facilitar os seus datos para ser identificada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha muller de 31 anos de idade, E.M., natural de Venezuela, como presunta autora dun delito de atentado contra axente da autoridade, tras propinar unha puñada a un funcionario policial, e á que tamén se atribúe unha agresión a un taxista.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada da Noite de Reis, cando un taxista que se atopaba na rúa García Barbón chamou ao 092 para denunciar que fora vítima dunha agresión por parte dunha muller, que lle propinou unha puñada na cara.

Unha dotación desprazouse á zona e, tras escoitar ao denunciante, realizouse unha procura polas rúas contiguas, que acabou coa localización da sospeitosa na rúa O Porto. Os axentes dirixíronse a ela para preguntarlle polo sucedido, pero a muller negouse a dar explicación algunha, así como a facilitar os seus datos para ser identificada.

Ante esa situación, os efectivos trasladaron á muller a dependencias policiais para poder filiarla e, unha vez nas devanditas dependencias, a sospeitosa comezou a actuar de forma violenta, chegando a propinarlle unha puñada na cara a un dos axentes.

A muller, que foi detida por un presunto delito de atentado contra axente da autoridade, mantivo a súa actitude hostil e agresiva, cuspindo ao chan e quitándose continuamente a máscara, a pesar das indicacións dos axentes.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...