InicioSociedadeDefensa da Sanidade Pública tacha de "represalia" a restrición da actividade nos...

Defensa da Sanidade Pública tacha de “represalia” a restrición da actividade nos 14 centros de saúde de Vigo

A asociación non considera casual que esta restrición de actividade se produza en moitos centros nos que houbo protestas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública tachou de “represalia” a decisión da Xunta de Galicia de restrinxir a actividade en 14 centros de saúde de Vigo, cuxos médicos só atenderán urxencias e covid; unha decisión que consideran que Feijóo tomou “ante as protestas para salvar a Atención Primaria”.

Xustifican o seu argumento en que, “aparentemente, esta medida só afecta a centros de saúde da área de Vigo e non do resto de Galicia” e en que, “curiosamente, o peche de consultas afectan en gran medida a localidades que realizaron mobilizacións de protesta polas restricións en Atención Primaria”, e enumeran: O Rosal, A Guarda, Oia, Cangas, Moaña, Ponteareas, O Porriño, Tomiño, e algúns centros da cidade de Vigo.

“Non se entende que se impida a asistencia aos pacientes que padecen problemas non relacionados coa covid, a pesar de que as infeccións durante esta sexta onda son menos graves e presentan menos complicacións que as anteriores”, destacaron.

Este rexeitamento, indican, representa “un perigo para a saúde de moitas persoas enfermas e incrementará aínda máis unhas listas de espera en Atención Primaria que son xa absolutamente inaceptables”. Conclúen desde a Asociación que esta situación é “unha nova volta de porca na estratexia de estrangular á Atención Primaria” e esixen a súa derrogación “inmediata”.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...