InicioSociedadeDetido por agredir na rúa a unha muller da que tiña...

Detido por agredir na rúa a unha muller da que tiña unha orde de afastamento

Ocorreu na rúa Pintor Colmeiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, R.C.A., de 53 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero e un de quebrantamento de condena, por agredir supostamente a unha muller da que tiña unha orde de afastamento.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron ao mediodía deste luns, cando un transeúnte que camiñaba pola rúa Pintor Colmeiro observou a un home agredir a unha muller e avisou ao 092.

Ata o lugar desprazouse unha patrulla, que comprobou como un individuo (cuxo aspecto coincidía coa descrición dada pola testemuña) abandonaba a zona de forma apresurada.

Os axentes interceptárono e identificárono, e puideron comprobar que sobre el pesaba unha orde de afastamento da muller coa que estivera, emitida polo xulgado do Penal 2 de Vigo. A propia muller explicou aos axentes que coincidira casualmente co sospeitoso nun establecemento da zona.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...