InicioEconomíaOs taxistas vigueses secundan a folga en protesta pola "competencia desleal" de...

Os taxistas vigueses secundan a folga en protesta pola “competencia desleal” de Cabify e Uber

PUBLICADO O

- Advertisement -

As folgas e cortes de tráfico esténdese estes días por toda España: Madrid, Barcelona, Sevilla, Zaragoza, Bilbao… e tamén Vigo. Os taxistas de Vigo súmanse á folga indefinida que mantén o sector desde a pasada fin de semana.

O seu obxectivo, a chegada dende o Goberno de medidas que limiten o crecemento das empresas de aluguer de vehículos con condutor, como son Cabify ou Uber.

Paro taxista en Vigo/Miguel Nuñez

En canto á cidade viguesa, ás 12 da mañá deste luns comezou a concentración taxista dende o Castro. A folga secundouse e a maioría de paradas estaban baleiras. Os condutores realizaron unha “marcha lenta” ata Praza América. No seu camiño, visitaron ambulatorios por se fora necesario o seu servizo para algunha persoa anciá ou impedida.

Taxistas
Paro taxista en Vigo/Miguel Nuñez

Falando cun taxista, considerou que “o que deberiamos facer (en canto a servizos mínimos) é só recoller xente con problemas de mobilidade ou moito peso, en situación de necesidade, e non cobrar”. Non obstante, estableceuse un número reducido de coches para todo tipo de desprazamentos, polo que a priori o servizo mantense en Vigo.

Taxis
Taxista pon o cartel dos servizos minimos de valde / Miguel Nuñez

O conflito estalou en Barcelona cando a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia recurriu un regulamento de Ada Colau para establecer límites á actividade de Uber e Cabifi, defendendo que non ten competencias para iso e estaría a limitar a libre competencia, polo que afectaría negativamente aos prezos e ao usuario final.

Finalmente, o Tribunal Superior de Justicia de Cataluña suspendeu o devandito regulamento, desencadeándose a folga indefinida no sector do taxi.

Taxistas
Paro taxista en Vigo/ Miguel Nuñez

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...