InicioSociedadeDeputación de Pontevedra e UVigo impulsan un estudo sobre a presenza de...

Deputación de Pontevedra e UVigo impulsan un estudo sobre a presenza de microplásticos en ríos da provincia

Renovaron un convenio para coñecer "como está o ecosistema" da provincia a través do seu reflexo nos ríos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo (UVigo) renovaron un convenio para impulsar un estudo sobre a presenza de microplásticos en ríos da provincia. Para iso, a presidenta provincial, Carmela Silva, e o reitor da universidade, Manuel Reigosa, asinaron este mércores en Vigo a renovación dun convenio que permitiu analizar a situación dos ríos Lagares e Gafos, que discorren polos centros urbanos da urbe olívica e Pontevedra, respectivamente.

Silva explicou que novo convenio permite “dar continuidade” ao rubricado o pasado ano co obxectivo de abordar “as implicacións e o efecto” da presenza de microplásticos nos ríos da provincia. Así, incidiu en que esta situación debe ter “preocupados” e “ocupados” aos responsables da Deputación dado que leva “unha incidencia moi relevante” na pesca e o marisqueo.

Á marxe do impacto económico, destacou que a presenza de residuos nos ríos tamén pode afectar a “a saúde das persoas”. Por iso, considerou “fundamental” a elaboración dunha investigación sobre a situación de face a “tomar decisións” que palíen a situación e apostou por pór en marcha iniciativas de concienciación cidadá.

TRABALLO CONXUNTO

Neste sentido, a presidenta da Deputación de Pontevedra remarcou a importancia de que todas as administracións públicas “traballen conxuntamente” para “loitar contra unha situación que debe preocupar”. Deste xeito, recalcou a importancia dunha actuación que permita que a provincia represente “un paraíso paisaxístico e produtivo” e se manteña “a calidade do produto” pesqueiro e marisqueiro da mesma.

Así mesmo, concretou que a Deputación Provincial destina 20.000 euros a apoiar a investigación que leva a cabo a UVigo. A este respecto, o reitor precisou que se estuda a presenza de microplásticos mediante invertebrados que se atopan nos ríos da provincia e avanzou que os resultados se darán a coñecer proximamente.

Ademais, Reigosa resaltou a súa “satisfacción” pola renovación dun acordo en virtude do que se coñecerá “como está o ecosistema” da provincia a través do seu reflexo nos ríos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...