InicioSociedadeMáis de 40 contaxiados por COVID tras un brote no estaleiro Freire

Máis de 40 contaxiados por COVID tras un brote no estaleiro Freire

Segundo confirmaron fontes sindicais, a maior parte de afectados son operarios de empresas auxiliares, que se atopaban no estaleiro traballando no proxecto 724, un megayate de 111 metros de eslora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Polo menos corenta traballadores, a maior parte de empresas auxiliares, deron positivo nas probas de Covid, e outra trintena atópase pendente de resultados, tras detectarse un brote da infección no estaleiro vigués Freire.

Segundo confirmaron fontes sindicais, a maior parte de afectados son operarios de empresas auxiliares, que se atopaban no estaleiro traballando no proxecto 724, un megaIate de 111 metros de eslora.

Tanto os contaxiados como os seus contactos estreitos no ámbito laboral, que están pendentes dos resultados das probas (un trinta traballadores máis), foron illados. Ademais, están a facerse cribados en busca doutros posibles casos.

Fontes sindicais apuntaron que o mantemiento dos protocolos preventivos na bancada “é complicado”, porque a maior parte de traballos están a desenvolverse no interior do buque. “É como unha burbulla sen ventilación”, explicaron, e confirmaron que a empresa ten en vigor protocolos e normas de prevención, que agora se reforzarán, incluíndo a realización de probas PCR para poder acceder a traballar ao estaleiro a partir do luns.

Precisamente, na Comisión de Industria do Parlamento galego, o deputado socialista Martín Seco quixo mostrar o seu apoio aos traballadores do estaleiro vigués Freire.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...