InicioVigo e contornaVigoDenuncian o recorte de novas liñas de tren entre Vigo e Santiago

Denuncian o recorte de novas liñas de tren entre Vigo e Santiago

A CGT diríxese a Renfe para solicitarlle que restitúa varias liñas na cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Críticas ao recorte de servizos por parte de Renfe no tocante ás liñas férreas de Galicia e as súas rutas. O sindicato CGT vén de anunciar o envío dunha carta á Directora Xeral de RENFE Viaxeiros en Madrid e a Dirección de RENFE en Galicia solicitando un incremento dos servizos ferroviarios; xa que, de acordo coa formación, estes non se corresponden coa “demanda existente nestes intres”.

O desaxuste apuntado polo sindicato céntrase na área de Vigo e as súas conexións. “Non entendemos como días de alto tráfico, cando todos os trens con saida Vigo circulaban completos o tren ALVIA das 8:55 Vigo-Madrid non circulou, quedando viaxeiros sen a posibilidade de utilizar o ferrocarril como medio de transporte”, subliñan, en referencia concreta ás xornadas do 12 de outubro e o 1 de novembro. 

O mesmo reclaman para o tren que saía de Vigo a Santiago ás 22:30 e que agora xa non se ofrece, obrigando aos visitantes da cidade olívica a marchar da mesma ás 21:35 dende a Estación de Urzaiz. Consideran que esta problemática “limita as suas actividades de ocio ou restauración na cidade e cando na maioría de cidades con núcleos poboación coa densidade de Vigo, Pontevedra ou Vilagarcía, o servizo ferroviario remata a partir das 23hs”.

Igual é a reclamación no tocante ao tren que partía de Vigo ás 6:58 da mañá rumbo á Coruña pasando por Santiago. “Está obrigando a un bó número de viaxeiros e viaxeiras da provincia de Pontevedra a chegar ao seu traballo en Compostela con mais dunha hora de adianto, xa que dende as 7:40 e as 9:40 non existe ningún tren procedente de Vigo con chegada a Compostela”, destacan, antes de subliñar que “estes recortes de servizos ferroviarios de proximidade de RENFE en Galicia van en contra das estratexias de fomento do tren como medio de transporte nos desprazamentos diarios da cidadanía, promovidas dende as institucións da Unión europea”.

ÚLTIMAS

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...