InicioEconomíaO porto de Vigo é o maior en España en tráfico de...

O porto de Vigo é o maior en España en tráfico de vehículos e pesca

É o que maior actividade rexistra nos dez primeiros meses deste ano e prevé superar o crecemento estimado para 2021.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo situouse como a terminal española con maior tráfico de vehículos e pesca no dez primeiros meses deste ano e prevé superar o crecemento estimado para 2021 a pesar da caída de case o 2% rexistrada o pasado mes en taxa interanual.

Nunha rolda de prensa celebrada este venres tras a reunión mensual do Consello de Administración, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, valorou os “datos positivos” de tráficos rexistrados na terminal no que vai de ano.

Así, indicou que a terminal volveu ser o primeiro porto en tráfico de pesca a nivel estatal, cun total de 29.784 toneladas movidas entre xaneiro e outubro de 2021. No entanto, o movemento de pesca fresca decreceu un 2,4% en relación ao primeiros dez meses de 2020.

Ademais, resaltou que, no que vai de ano, o incremento do tráfico de vehículos alcanzou o 5,56%, ao moverse 413.937 unidades, fronte ás 392.124 dese período do exercicio anterior. Deste xeito, subliñou que a terminal se situou á cabeza do tráfico de automóbiles con cifras lixeiramente superiores ás dos portos de Valencia e Barcelona.

Con todo, en taxa interanual, o tráfico de vehículos reduciuse un 12,9% en outubro en Vigo en comparación con ese mes do ano anterior. Así, no décimo mes de 2020 movéronse máis de 88.600 toneladas, mentres nese período deste ano a cifra situouse en 76.800.

En todo caso, o presidente do Porto recalcou que o tráfico de automóbiles en outubro de 2021 incrementouse un 17,21% en relación a ese mes de 2019, antes do comezo da pandemia.

TRÁFICO ACUMULADO

Vázquez Almuiña tamén detallou que o tráfico acumulado a outubro no porto de Vigo creceu un 9,31% en tráfico total e un 9,44% no tráfico de mercadorías. De feito, apuntou que este período se mantén como o mellor da última década e o cuarto mellor da historia do porto.

Por países, precisou que China, Francia, Estados Unidos Marrocos supoñen algúns dos principais socios comerciais do porto de Vigo.

Así as cousas, o presidente do Porto augurou prevé que a final de ano se constate o alcance dun “crecemento de tráfico superior ao previsto no Plan de empresa. “De feito, desde hai medio ano, mantense un incremento de máis de 300.000 toneladas sobre o tráfico do ano anterior e, aínda que o mes de novembro de 2020 foi excepcionalmente bo, espérase un peche de ano cunha ganancia ao redor das 200.000 ou 300.000 toneladas“, afirmou.

ÚLTIMAS

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...