InicioVigo e contornaVigoDous feridos en Vigo tras bater o seu coche co muro dunha...

Dous feridos en Vigo tras bater o seu coche co muro dunha casa

Foi preciso excarcerar a unha muller do interior do vehículo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas en Vigo despois de que o coche no que viaxaban marchara da vía e chocara contra o muro dunha casa en Candeán. Ocorreu sobre as 21,00 horas da noite do sábado. Entón, os bombeiros da cidade desprazáronse ata a rúa de Rabadeira tras ser alertados por un coche accidentado e cunha muller atrapada no seu interior.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso a través dunha persoa particular e do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Seguidamente, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros da cidade, da Policía Local e de Protección Civil da cidade. Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron que foi preciso excarcerar á muller atrapada. Ademais, os servizos sanitarios tiveron que trasladar a dúas persoas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...