InicioEconomíaO Concello de Vigo dá luz verde ao proxecto de expropiación para...

O Concello de Vigo dá luz verde ao proxecto de expropiación para construír o bulevar na Avenida de Europa

O novo tramo terá 7 metros de ancho.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobou este martes o proxecto de expropiación para a construción dun gran bulevar na Avenida de Europa, entre Tomás Paredes e a praia de Samil, con beirarrúa e carril bici na marxe dereita.

Así o confirmou o alcalde, Abel Caballero, quen explicou que o proceso levarase a cabo mediante o sistema de tasación conxunta. As expropiacións afectan a 87 leiras que suman 10.500 metros cadrados e o Concello destinará ás mesmas case 835.000 euros.

Este paseo, que dará continuidade ao bulevar que empeza na Praza de América e esténdese por Avenida Castelao, terá un investimento de 4,5 millóns de euros (para o que o Concello optará a fondos europeos Next Generation) e un prazo de execución de 22 meses.

Tras a aprobación do proxecto expropiatorio, abrirase un prazo de exposición ao público e o Concello notificará aos titulares das parcelas afectadas. Superado ese trámite, resolveranse as alegacións, se as houbese, e procederase á ocupación das leiras.

O novo tramo de bulevar terá 7 metros de ancho e un carril segregado para bicis, ademais de zonas verdes, novo mobiliario urbano e iluminación e novas canalizacións.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...