InicioCulturaPreto de 300 persoas celebraron en Tui o 450 aniversario da Batalla...

Preto de 300 persoas celebraron en Tui o 450 aniversario da Batalla de Lepanto

Tivo lugar tamén unha representación da batalla entre as tropas da Liga Santa e do Imperio otomán na igrexa de San Domingos.

PUBLICADO O

O 450 aniversario da Batalla de Lepanto vén de reunir a unhas 300 persoas que quixeron conmmemorar a efeméride a través de diferentes actividades, incluída a representación da batalla entre as tropas da Liga Santa e do Imperio otomán no retablo de Nosa Señora do Rosario, na Igrexa tudense de San Domingos.

Así, ao longo deste mes realizáronse cinco conferencias por outros tantos especialistas e outras cinco visitas guiadas a esta emblemática obra barroca do século XVIII de autor descoñecido. Foi precisamente o martes 9 de novembro cando tivo lugar a última conferencia a cargo do historiador tudense Suso Vila, que disertou sobre “Os corsarios turco-berberiscos nas costas galegas e o seu remoto eco no retablo de Nosa Señora do Rosario de San Domingos de Tui”.

Anteriormente protagonizaron as conferencias deste ciclo os profesores da
Universidade de Santiago de Compostela Hortensio Sobrado Correa (“A batalla de Lepanto, contexto histórico”) ou Domingo González Lopo (“A devoción a Nosa Señora do Rosario e as súas confrarías na Galicia do Barroco”), así como a profesora de lingua e literatura Dolores Balseiro Pose (“A batalla de Lepanto na literatura española: poetas”) e o doutor en Historia da Arte, Javier Gómez Darriba (“Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui”).

O programa de actividades completouse con cinco visitas guiadas ao propio retablo do tempo dominico tudense celebradas na fin de semana da ponte do Pilar (10-12 de outubro) e coincidindo coa ponte da festa de Todos os Santos (31 de outubro e 1 de novembro).

Foron preto de 300 persoas as que participaron nas diversas actividades programadas o que, en palabras da concelleira de Cultura Sonsoles Vicente, evidencia o acerto desta programación que espertou o interese de tudenses e visitantes por “achegarse ao coñecemento da nosa historia e do patrimonio tudense que ten neste retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como da “Batalla de Lepanto” un dos seus elementos máis representativos e máis apreciados polos tudenses”.

ÚLTIMAS

Foanpas protesta pola “falta de limpeza” nos colexios e piden máis persoal á concesionaria municipal

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo (Foanpas) protestou...

Vigo licitará un informe que permita coñecer se hai zonas con aluguer tensionado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello licitará un estudo para...

Dous anos de cárcere por facer tocamentos a unha muller nun coche en Redondela

Un home, que foi xulgado este martes na sala do Penal 2 de Vigo, enfróntase...

A IX Edición de Navaia abre o 21 de maio en Vigo con 533 expositores e máis de 1.000 marcas

A novena edición da Feira Internacional da Industria Naval (Navalia) abrirá as súas portas...