InicioSociedadeDetido un septuaxenario en Vigo tras ameazar cun coitelo a súa muller...

Detido un septuaxenario en Vigo tras ameazar cun coitelo a súa muller e o seu fillo

A muller xa sufrira unha agresión anteriormente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron nas últimas horas a un veciño da cidade, G.M.G., de 78 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero e un de ameazas, tras esgrimir un coitelo contra a súa muller e contra o seu fillo.

Os feitos ocorreron na tarde deste domingo, cando o 092 recibiu un aviso por unha rifa entre un matrimonio e o fillo de ambos, nun domicilio da cidade.

Cando os axentes chegaron á vivenda, entrevistáronse coa muller, de 71 anos de idade, que relatou que se atopaba vendo a televisión cando o seu marido entrou no salón e comezou con ela unha discusión por unha cuestión sen importancia.

A señora relatou que a actitude do seu marido déralle medo, porque había uns días ocorrera un episodio similar e o home suxeitáraa polo pescozo. Por iso, chamou por teléfono o seu fillo para que acudise á vivenda.

Cando o fillo chegou pediulle á súa nai que recollese a súa roupa e o acompañase ao seu domicilio, o que provocou a ira do pai e marido. Este dirixiuse á cociña e colleu un coitelo, co que ameazou o seu fillo, póndolle a punta no peito, e á súa muller.

O fillo foi capaz de suxeitalo e quitarlle a arma, e logo acompañou a súa nai ao portal do edificio, para esperar a chegada da Policía.

Os axentes solicitaron unha ambulancia para que a muller fose atendida por persoal sanitario, dado o estado de nerviosismo que presentaba. Mentres, o presunto autor da agresión, de 78 anos de idade, foi detido polos axentes.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...