InicioSociedade700 persoas, entre elas 200 nenos, participarán esta fin de semana no...

700 persoas, entre elas 200 nenos, participarán esta fin de semana no Trail de Aloia

Entre os participantes haberá deportistas de Portugal, Galicia e León.

PUBLICADO O

- Advertisement -

700 persoas participarán esta fin de semana no Trail do Aloia, delas 500 participarán na categoría absoluta e 200 na infantil, que se incorpora
coma novidade esta edición.

O domingo ás 10.30h dende a Macoca terá lugar a saída da proba absoluta na que as persoas inscritas deberán realizar 15 quilómetros polo Monte Aloia con 600 metros de desnivel. Previamente o sábado ás 16 h celebrarase o Aloia Kids Trail para nenos e nenas de 5 a 15 anos con diferentes distancias en función da categoría.

A proba foi presentada esta mañá na casa do concello de Tui polo concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, o deputado deDeportes, Gorka Gómez, e por Serafín Martínez e Justi Peixoto da empresa organizadora. 

O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, destacou que se trata dun percorrido moi bonito cunha “paisaxe natural impresionante” e de cara a futuras edicións plantexou a posibilidade de realizar un novo trail na Eurocidade Tui-Valença, neste caso no monte Faro en Valença.

O vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, destacou que “o obxectivo de Valença é continuar a apoiar o deporte e as relacións con Tui a través da Eurocidade”. Apostou por favorecer as condicións para a práctica deportiva, e salientou coma estes eventos so tamén un incentivo para o comercio local.

Serafín Martínez, da organización do Trail, explicaba que “a aceptación que está a ter o trail está sorprendendo moito” referíndose aos 450 inscritos na categoría absoluta e aos 150 na infantil, rexistrados até esta mañá, unhas cifras que agarda superar e chegar aos 500 e 200 respectivamente mañá mércores ás 23.59 h cando se peche a inscrición. Destacou amais que entre os participantes haberá deportistas de Galicia, Portugal e León, que poderán gozar do entorno natural que ofrece o Parque Natural do Monte Aloia.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...