InicioEconomíaA saída sur ferroviaria de Vigo pasa a fase de estudo

A saída sur ferroviaria de Vigo pasa a fase de estudo

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana formalizou o contrato de servizos para a redacción do informe sobre as alternativas para a saída ferroviaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana formalizou o pasado martes, 26 de outubro, o contrato de servizos para a redacción do estudo sobre as alternativas para o saída sur ferroviaria de Vigo, que foi adxudicada á empresa Prointec S.A. por un total de 301.904,68 euros (IVE incluído) e por un prazo de execución dun ano.

Así o recolle este domingo a Plataforma de Contratación do Estado, segundo informa o Goberno central, no que explica que o “principal obxectivo” é “analizar diferentes opcións que melloren a ordenación” dos servizos ferroviarios na contorna da cidade.

Así mesmo, este contrato buscará solcionar “a falta de continuidade” destes servizos, “tendo presente o tráfico de mercadorías existente e previsible” na área. O Ministerio tamén pretende que este estudo avalíe a unificación das dúas estacións de tren da cidade –Urzaiz e Guixar– co obxectivo de dar “maior eficiencia” á circulación.

Por outra banda, as solucións analizadas deberán considerar “diferentes escenarios de modernización” das infraestruturas ferroviarias portuguesas.

O contrato adxudicado a Prointec S.A. levarase a cabo en tres fases: unha primeira para recompilar a información de traballos previos e analizar a problemática actual e posibles solucións; unha segunda para profundar en cuestións técnicas, ambientais e socioeconómicas das alternativas; e unha terceira para sintetizar e valorar cales son os proxectos máis desexables para o seu desenvolvemento posterior.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...