InicioSucesosPiden oito anos para o acusado de tentar matar o amante da...

Piden oito anos para o acusado de tentar matar o amante da súa parella en Vigo

O atacante causoulle varias lesións ao home ao berro de "voute matar, fillo de puta".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, acusado dun delito de homicidio en grao de tentativa, por acoitelar o amante da súa parella, enfrontarase a unha petición de 8 anos de cárcere, no xuízo que se celebrará este xoves e este venres na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade de Vigo.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos polos que será xulgado producíronse en xuño de 2020, cando o procesado apareceu de forma sorpresiva na casa dos pais da súa noiva de madrugada, e sorprendeuna mantendo relacións sexuais con outro home.

AGRESIÓN

Entón, o acusado dirixiuse cara ao amante da súa prometida e, armado cun obxecto punzante “tipo coitelo”, causoulle lesións nunha coxa. A vítima non coñecía o seu agresor nin tampouco a relación que mantiña coa moza e así llo transmitiu, a pesar do cal, o acusado volveu arremeter contra el, cravándolle o obxecto no tórax e os brazos, mentres lle gritaba: “Voute matar, fillo de puta”.

O home logrou fuxir, semiespido, saltando o enreixado de peche da vivenda e, unha vez na rúa, escondeuse a uns metros dun coche aparcado, en cuxo interior había unha persoa. O home achegouse agachado ao vehículo, e lanzou ao seu interior o seu teléfono, á vez que pedía á persoa que estaba dentro que pedise axuda.

Mentres tanto, o presunto agresor entrou no domicilio onde vivía a súa noiva e colleu dous coitelos. Armado con eles saíu en busca do home, que tratou de fuxir arrastrando a perna e sangrando polas feridas. O atacante só se detido cando un coche se interpuxo entre ambos. A continuación, deuse a volta, tirou os coitelos nun colector, e dirixiuse á vivenda dos seus pais, que estaba preto de alí.

DELITO E PENAS

Por estes feitos, a Fiscalía acúsao dun delito de homicidio en grao de tentativa, e pide que sexa condenado a unha pena de 8 anos de cárcere. Tamén reclama que se lle impoña a prohibición de comunicarse ou achegarse a menos de 500 metros do prexudicado durante 9 anos, e que o indemnice en 9.000 euros.

Ademais, en caso de sentenza condenatoria, o ministerio público solicita que se dea traslado ao Xulgado do Penal 3 de Vigo, xa que o acusado foi condenado anteriormente por un delito de roubo con violencia e intimidación, e a pena de ingreso en prisión fora suspendida en outubro de 2018 coa condición de que non delinquise durante dous anos.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...