InicioVigo e contornaVigoMáis de 6 millóns de euros para darlle unha nova vida aos...

Máis de 6 millóns de euros para darlle unha nova vida aos vellos xulgados de Vigo

A Xunta prevé rematar as obras en 2023, que farán do edificio un centro para uso social.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, confirmou este martes que o goberno galego destinará 6,7 millóns á rehabilitación do edificio antigo dos xulgados da cidade, na rúa Lalín, para destinalo a asociacións e entidades sociais.

En declaracións aos medios, Fernández-Tapias sinalou que os orzamentos deste ano xa reservan unha partida de 3 millóns para arrincar o proxecto, que permitirá dar resposta á demanda de locais por parte de entidades sociais ante a “falta de atención” do Concello. A delegada explicou que, cando se complete o traslado das dotacións xudiciais ao novo edificio de Pizarro, iniciaranse as obras de remodelación do inmoble da rúa Lalín.

Así, poranse a disposición das asociacións e colectivos interesados da cidade case 7.000 metros cadrados, e o edificio terá capacidade para converterse “nun referente do asociacionismo vigués”, con case un centenar de locais, zonas comúns e salas polivalentes.

Segundo Marta Fernádez-Tapias, a intención da Xunta é licitar canto antes a redacción do proxecto básico e a execución das obras, para que os traballos comecen en 2022 e estean terminados en 2023. No entanto, advertiu de que estes prazos están condicionados polo avance das obras da nova Cidade da Xustiza e o trasladado dos órganos xudiciais ás novas instalacións, así como pola concesión de licenza municipal.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...