InicioVigo e contornaVigoOs condenados pola estafa dos billetes tintados poderían non entrar en prisión

Os condenados pola estafa dos billetes tintados poderían non entrar en prisión

As penas foron reducidas por dilacións no proceso e a Fiscalía pide suspender as penas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de catro cidadáns estranxeiros aceptaron penas de entre cinco meses e un ano de prisión por delitos de estafa continuada mediante o método dos ‘billetes tintados’, integración nun grupo criminal, e, no caso dun deles por tenencia de moeda falsa.

A celebración da vista estaba prevista entre este martes e este venres na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, pero non tivo lugar ao alcanzarse un acordo entre as partes. Así, o catro procesados aceptaron as penas de prisión nunha sesión na que interviñeron de modo íntegro por videoconferencia.

Inicialmente, a Fiscalía pedía penas entre 4 e 7 anos de prisión para nove acusados, cidadáns estranxeiros, pero só compareceron catro ao non poderse localizar a varios desde 2016. Finalmente, rebaixouse a petición de penas a cinco meses e sete días de prisión por un delito continuado de estafa coa atenuante de dilacións indebidas para cada un de tres dos procesados.

Ao cuarto acusado impuxéronselle unha pena dun ano e 25 días de prisión e o pago dunha multa de 312 euros polo mesmo delito ao concorrer a agravante de reincidencia e outro de tenencia de moeda falsa.

Así mesmo, acordáronse penas de 22 días de cárcere para cada un do catro por un delito de integración en grupo criminal que se substituíron por multas de 132 euros. Os acusados tamén deberán indemnizar solidariamente en 8.580 euros a dúas persoas ás que estafaron esa cantidade mediante a súa actividade. O Ministerio Público interesou a suspensión das penas de prisión por un período de dous anos condicionado a que estas persoas non volvan delinquir.

MÉTODO UTILIZADO

Segundo manifestou o Ministerio Fiscal no seu escrito de acusación, este catro cidadáns estranxeiros e outro cinco concertáronse a mediados do 2008 para obter un ilícito beneficio estafando a terceiros mediante o método coñecido como ‘wash-wash’ ou dos ‘billetes tintados’. Ademais, a Fiscalía sostén que pertencían a un grupo organizado no que cada un asumía unha tarefa ou función, así como un ámbito de actuación.

Tras acordar un prezo con particulares que vendían efectos, ofrecíanlles pagar mediante diñeiro de ‘fabricación propia’. Así, facían demostracións de tintado mediante produtos químicos, mostrando logo aos vendedores os billetes para convencelos de que os papeis tinguidos tamén eran diñeiro de curso legal. Deste xeito, dúas persoas entregáronlles cantidades que sumaban 8.580 euros para adquirir supostamente os produtos químicos necesarios para ‘destintar’ os billetes.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...