InicioSociedadeEspecialistas de varios países estudan en Vigo a situación da regulación en...

Especialistas de varios países estudan en Vigo a situación da regulación en violencia sexual

O encontro, denominado 'Violencia sexual: antecedentes romanos e regulación actual', enmárcase nas actividades do grupo de innovación docente Docentia et Mulier da Universidade de Vigo (UVigo), segundo detallou esta última, e conta con apoio da Deputación de Ourense.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Especialistas de España, Portugal, Italia e Brasil abordaron este luns en Vigo a situación actual na regulación da violencia sexual e as súas perspectivas de futuro no marco dun congreso cuxa celebración continuará os días 22, 25 e 29 de outubro.

O encontro, denominado ‘Violencia sexual: antecedentes romanos e regulación actual’, enmárcase nas actividades do grupo de innovación docente Docentia et Mulier da Universidade de Vigo (UVigo), segundo detallou esta última, e conta con apoio da Deputación de Ourense.

O congreso, no que tamén se analizan os antecedentes da antiga civilización romana na regulación na violencia de xénero, arrincou este luns na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus vigués.

Durante a apertura, as responsables do encontro, as docentes da UVigo Inés C. Iglesias Canle e María José Bravo Bosch, sinalaron que a súa temática está vinculada a liñas de investigación nas que traballan “desde hai moitos anos” e que se centran “no tratamento do principio de igualdade” e “todas aquelas accións contra o mesmo, entre elas a violencia de xénero e a violencia sexual”.

EXPOSICIÓNS E DEBATES

Iglesias Canle tamén destacou que o programa conta con “amplas e nutridas” exposicións e debates que permitirán tratar “contido vinculado á orixe, a regulación actual e a previa da violencia sexual, tendo en conta a perspectiva do dereito comparado”. Deste xeito, detallou que os relatorios abordarán a situación actual e as perspectivas de futuro das reformas en Brasil, Portugal, Italia e España.

As directoras do evento apuntaron o interese que suscita o tratamento da regulación da violencia sexual nun contexto no que se referendou no Congreso dos Deputados o proxecto de Lei orgánica de garantía integral da liberdade sexual e onde está en trámite o anteproxecto de Lei para a igualdade real e efectiva das persoas transgénero e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...