InicioSociedadeUnha tese da UVigo traballa nun sistema para predicir mareas vermellas en...

Unha tese da UVigo traballa nun sistema para predicir mareas vermellas en tempo real

A preparación da ferramenta "está parada por motivos económicos e temporais"; por iso o seu creador, Francisco Bellas, incidiu na necesidade de investir en recursos materiais e humanos para poder poñer en marcha o sistema.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O enxeñeiro Francisco Bellas traballa nunha tese doutoral na Universidade de Vigo (UVigo) mediante a que se busca a creación dun sistema para predicir mareas vermellas en tempo real e cuxos resultados permiten avanzar cara a ese obxectivo a medio prazo.

A investigación, dirixida polos docentes do Departamento de Física Aplicada Jesús Torres e Luís González, proba con éxito algoritmos de aprendizaxe automatizada que non se aplicaron neste campo, como AdaBoost e Random Forest, segundo detallou a universidade.

Ademais, incrementouse a variedade de datos sobre as Rías Baixas coa incorporación de novas variables ao sistema de predición, como nutrientes, niveis de clorofila e variacións de temperatura, para mellorar os resultados. O autor da tese tamén explicou que se traballa para incluír na predición imaxes do satélite Sentinel-3 “procesadas con algoritmos específicos para a detección de blooms”.

Así mesmo, considerou “perfectamente viable” desenvolver un sistema predictivo a medio prazo dado que se pode dispor deses datos en tempo real na actualidade. Tamén sinalou que se comezou a preparación desta ferramenta, aínda que este proxecto “está parado por motivos económicos e temporais”. Por iso, incidiu na necesidade de investir en recursos materiais e humanos para poder pór en marcha o sistema.

En concreto, o traballo enmárcase nun proxecto europeo de desenvolvemento de produtos innovadores baseados en teledetección e datos ambientais para monitorar ecosistemas costeiros denominado CoastObs. Para levar a cabo a tese, Bellas recolleu datos facilitados por Portos do Estado e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) durante as últimas décadas.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...