InicioVigo e contornaVigoDetido un veciño de Vigo por un caso de violencia de xénero

Detido un veciño de Vigo por un caso de violencia de xénero

O home, de 41 anos, golpeou á súa parella e logo asegurou aos axentes que ela o agredira a el.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, J.C.O.F., de 41 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, e que avisou ao 092 denunciando que o agredido fora el. Os feitos ocorreron na madrugada deste mércores, cando a Policía recibiu unha chamada dun home desde un domicilio da Avenida Alcalde Portanet, e que solicitaba presenza dos axentes porque a súa parella lle estaba agredindo.

Cando os funcionarios chegaron ao lugar, entrevistáronse con este home, que relatou que discutira coa súa parella e que ela lle propinou puñadas e patadas. No entanto, os axentes observaron que non presentaba ningún tipo de dano ou lesión.

Por contra, a muller deu unha versión totalmente diferente e explicou aos policías que a súa parella lle dera dúas labazadas. Ademais, sinalou que xa anteriormente o denunciou por tela agredido, polo que os axentes procederon á súa detención.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...