InicioSociedadePiden unha condena "social e política" á agresión do dono dun can...

Piden unha condena “social e política” á agresión do dono dun can a unha moza en Vigo

A Fundación Franz Weber trasladoulle a súa "solidariedade" á vítima, que foi golpeada por un home cando lle recriminou que estaba maltratando o can.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Franz Weber trasladou este xoves a súa “solidariedade” e apoio a unha veciña de Vigo que, a pasada semana, foi brutalmente agredida polo dono dun can, ao que recriminara que maltrataba o animal.

Esta ONG reclamou ás administracións públicas que manifesten a súa condena polo ocorrido, para que eses feitos teñan “o reproche social e político que merecen”. Así mesmo, lembrou que hai “abundante literatura científica” que vincula os malos tratos animais co uso da violencia cara ás persoas, en especial cara a mulleres, menores e persoas vulnerables.

Tras a agresión sufrida por esta moza, que acabou con fracturas na cara e golpes polo resto do corpo, a Fundación Franz Weber instou a apartar o can maltratado do seu dono, e advertiu de que este individuo “non debería ter baixo a súa responsabilidade ningún ser vivo”.

AGRESIÓN

A agresión produciuse o pasado venres, na zona de Bouzas, cando a vítima se atopaba paseando coa súa cadela e cunha amiga. Ambas viron a este home, que maltrataba o seu can, e recrimináronlle a súa actitude.

O home ausentouse do lugar despois de dirixirse a elas de forma irrespetuosa e, pouco despois, volveu aparecer, cando a vítima e a súa acompañante se dirixían a tomar algo a un establecemento. Entón, de forma sorpresiva, agarrouna polo pelo desde atrás e golpeouna contra o capó dun coche, e a continuación propinoulle golpes e patadas.

O suposto agresor foi detido pola Policía Nacional e posto a disposición do xulgado, que determinou a súa posta en liberdade, investigado por un delito de lesións, e coa prohibición de achegarse a menos de 300 metros da vítima.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...