InicioSociedadeA aula hospitalaria e a atención educativa domiciliaria do Chuvi contan con...

A aula hospitalaria e a atención educativa domiciliaria do Chuvi contan con novas instalacións

A aula hospitalaria conta con dúas profesoras, que atenden aos nenos e nenas ingresados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A aula hospitalaria e o servizo de atención educativa domiciliaria da área sanitaria de Vigo iniciaron o curso con novas instalacións e servizos, e o acto de apertura do curso estivo presidido polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; xunto co xerente do Chuvi, Javier Puente; e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, así como outros responsables.

A aula hospitalaria, situada no Álvaro Cunqueiro, conta con dúas profesoras, cuxo traballo consiste en atender aos nenos e nenas ingresados, de maneira que perdan a menor actividade posible mentres están enfermos. Unha das docentes permanece na aula, mentres que a outra atende aos nenos que, por prescrición médica, non poden saír das súas habitacións.

O curso pasado a aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro atendeu a unha media diaria de máis de 20 alumnos e alumnas, aínda que a cifra vai variando en función do número de nenos ingresados.

Ademais da aula, a área sanitaria conta cun servizo de atención educativa domiciliaria que, desde o curso pasado, ten a súa sede e coordínase desde este hospital vigués. Trátase dun servizo novo no Álvaro Cunqueiro, xa que anteriormente a sede do servizo estaba nun colexio público.

O profesor desprázase unha vez por semana aos domicilios dos nenos e nenas que teñen que permanecer nas súas casas durante unha tempada por prescrición facultativa. O curso pasado chegou a haber 11 profesores, e atendeuse a 55 estudantes.

ÚLTIMAS

O BNG critica o “oscurantismo” na tramitación do PXOM de Vigo

O grupo municipal do BNG de Vigo volveu a denunciar este martes a "total...

OPINIÓN.- Tolerancia cero coa exaltación do fascismo: O caso da “cruz” do Monte do Castro en Vigo

A "cruz" do Monte do Castro en Vigo é un símbolo que xerou gran...

A AP-9 rexistra retencións nas inmediacións do Ifevi para acceder á cabalgata dos Reis Magos

A AP-9 rexistra retencións nas inmediacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) onde se...

Vigo reforza a liña de autobús con Ifevi para facilitar a asistencia á cabalgata dos Reis Meigos

O alcalde de Vigo, Abel Cabellero, anunciou un reforzo na liña de autobús con...