InicioSociedadePiden manter a praza de traballadora social no Saladino Cortizo e Educación...

Piden manter a praza de traballadora social no Saladino Cortizo e Educación di que é competencia municipal

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia considera que a función dun traballador social nun colexio é "decisiva".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSGA) sumouse este luns ás críticas da Anpa do Colexio de Educación Especial Saladino Cortizo pola perda da traballadora social do centro, que se xubila, e pediu á administración autonómica que manteña esa praza, posto que a súa función no colexio é “decisiva”.

Ante estas denuncias, a consellería de Cultura, Educación e Universidade precisou que este departamento non ten traballadores sociais nin asistentes sociais nos centros de educación especial, aínda que, “nalgún caso excepcional” pode haber algún asistente social “procedente dos antigos equipos psicopedagóxicos de apoio ou transferencias”. En todo caso, matizaron fontes da Consellería, “a contratación dese persoal é unha competencia municipal”.

O COTSGA reclamou a Sanidade que cubra esa praza, xa que sen a traballadora social o alumnado do Saladino Cortizo queda “en absoluto desamparo”. Respecto diso, incidiron en que o labor desa traballadora é “clave para favorecer o establecemento e fortalecemento das relacións entre o medio escolar, o familiar e o comunitario, a integración escolar e social dos nenos que teñen dificultades de adaptación”.

Segundo o Colexio, a figura do traballador/a social está “amplamente estendida” nos centros de educación espacial, polo que “non é razoable que desapareza nun deles”.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...