InicioPolíticaPodemos ve posible a "recuperación" da AP-9 ante a "posible ilegalidade" da...

Podemos ve posible a “recuperación” da AP-9 ante a “posible ilegalidade” da ampliación de concesión

Antón Gómez-Reino resalta que non foi ata o actual Goberno de coalición cando se puxeron en marcha rebaixas nunha autoestrada que "é dunha importancia crucial para a realidade económica e social das galegas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deputado de Unidas Podemos no Congreso Antón Gómez-Reino avisa de que a “posible ilegalidade” en relación coa ampliación da concesión da AP-9 “pode significar unha oportunidade para a recuperación” da autoestrada.

Tras a resolución da Comisión Europea de expedientar a España pola ampliación da concesión da AP-9, Gómez-Reino sostén que durante o Goberno de Aznar “púidose incumprir a directiva comunitaria de igualdade e publicidade en materia de contratación pública na construción do tramo Fene-Ferrol”.

Lamenta que galegos seguen pagando “a irresponsabilidade” do PP por entregar a infraestrutura a intereses privados, o que se traduciu nunha “anomalía” no conxunto de vías do Estado polas peaxes abusivas sufridos en Galicia e “os anos de bloqueo” do Partido Popular.

Remarca que non foi ata o actual Goberno de coalición cando se puxeron en marcha rebaixas nunha autoestrada que “é dunha importancia crucial para a realidade económica e social das galegas”.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...