InicioVigo e contornaVigoDetido un home que roubou nunha cafetaría de Vigo e foi perseguido...

Detido un home que roubou nunha cafetaría de Vigo e foi perseguido e interceptado por dous clientes

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un home como presunto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación, tras subtraer o diñeiro da caixa rexistradora dunha cafetaría da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado 6 de setembro nunha cafetaría dunha rúa céntrica e “moi transitada” da cidade. Unha empregada atopábase limpando a cociña do establecemento, cando escoitou un ruído.

Ao asomarse, observou que un home accedera ao interior da barra e estaba a coller o diñeiro da caixa rexistradora. Nese momento, comezou a gritar pedindo auxilio, e dous clientes que se atopaban na terraza do local acudiron na súa axuda, mentres o ladrón fuxía.

Cando se decataron do roubo, os clientes comezaron a perseguir ao sospeitoso, e lograron darlle alcance pouco despois. Nese momento, o suposto ladrón encarouse con eles, tentando agredilos, pero foi inmobilizado.

Os axentes entrevistáronse coa empregada da cafetaría e, coa descrición facilitada pola muller, iniciaron un dispositivo de procura. Momentos despois, os policías localizaron ao ladrón, que xa fora atrapado polos clientes.

Os axentes cachearon ao sospeitoso e atoparon no peto dos seus pantalóns o diñeiro que subtraera na caixa rexistradora da cafetaría, polo que procederon á súa detención. O home, que ten numerosos antecedentes policiais, foi posto a disposición do xulgado de garda, xunto coas dilixencias practicadas.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...