InicioSociedadeOs contaxiados con Covid baixan a tan só 11 nun día

Os contaxiados con Covid baixan a tan só 11 nun día

Con todo hai oito persoas na UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid en Galicia, é dicir as persoas que padeden a enfermidade actualmente, caeron por baixo dos 6.000, algo que non ocorría desde o pasado 13 de xullo, e mantense á baixa a tendencia no que respecta a contaxios novos diarios, mentres que sobe lixeiramente a ocupación das Unidades de Coidados Intensivos e nas camas Covid convencionais dos hospitais.

Así, segundo os datos feitos públicos este luns polo Sergas (con información solicitada ata as 18,00 horas do domingo), en Galicia hai 5.848 casos activos de Covid, 268 menos que na xornada anterior, e rexistráronse 194 contaxios novos (fronte aos 206 notificados o domingo).

Os novos casos rexistrados baixaron en todas as áreas, excepto Ferrol e Pontevedra, con lixeiros incrementos, e a área de Lugo, cunha subida máis acusada. No caso de Vigo, hai un decenso pronunciado con 11 contaxios na área de Vigo (15 menos), o que reduce o número de casos activos a 858.

PRESIÓN HOSPITALARIA

A pesar de que o número de casos activos de Covid en Galicia segue descendendo, mantense a dificultade para aliviar a presión nos hospitais. De feito, nas últimas horas esa presión subiu lixeiramente. En canto á ocupación da UCI, na área de Vigo hai 8 enfermos en UCI.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...