InicioSucesosInvestigan unha estafa de 1,5 millóns de préstamos falsos no Condado

Investigan unha estafa de 1,5 millóns de préstamos falsos no Condado

Os presuntos estafadores eran xerentes de empresas de automoción que utilizaban os datos de antigos clientes sen estos sabelo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga penalmente a dous veciños da comarca do Condado como presuntos autores dunha estafa de preto dun millón e medio de euros, a través de préstamos que supostamente solicitaban a nome dos clientes dun concesionario que rexentaban os dous investigados.

Segundo informou a Benemérita nun comunicado, as investigacións, realizadas no marco da operación ‘Autocon’, iniciáronse a principios de 2021 cando dous veciños da citada comarca denunciaron en Ponteareas que recibiran varios requirimentos bancarios pola falta de pagamento de cotas non abonadas, relacionadas cuns préstamos que non solicitaran.

Así, as pescudas determinaron que os préstamos foran supostamente solicitados a través dunha empresa de compravenda de vehículos de segunda man localizada no Condado, para financiar a compra doutros vehículos, utilizando os datos persoais dos denunciantes, “sen o seu coñecemento nin autorización”.

Ao ter sospeitas a Garda Civil de que podería haber máis persoas afectadas, as investigacións continuaron e concluíuse que, durante os últimos catro anos, os dous xerentes da mencionada empresa de compravenda contrataran de forma fraudulenta un total de 119 préstamos persoais en diferente entidades bancarias, a nome de antigos clientes e sen o seu coñecemento, por un importe de 1.450.936 euros.

Para conseguilo, os presuntos autores presentaban nas entidades bancarias documentación falsa coa que solicitaban préstamos para a compra de vehículos a nome de clientes. “As vítimas non notaban nada ata que as entidades reclamaban as cotas non abonadas de estas financiaciónss”, sinalou a Garda Civil.

Aos dous responsables investígaselles agora por delitos de estafa e falsidade documental. As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución Nº 3 de Ponteareas, onde deberán comparecer lospresuntos autores cando sexan citados.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...

Detida tras atropelar ao seu marido coa súa moto na avenida da Florida e darse á fuga

Unha muller, C.R.P.C. de Venezuela e 43 anos de idade, foi detida o pasado...