InicioCulturaOs directores Alberto Vázquez, Noelia Muíño e Gon Caride triunfan no Festival...

Os directores Alberto Vázquez, Noelia Muíño e Gon Caride triunfan no Festival de Cans con dous premios cada un

Outros dos premiados foron Marcos del Villar, Lidia Veiga Daniel Suárez, Carlos A. Quirós, ou Yuri Salgado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os directores Alberto Vázquez, Noelia Muíño e Gon Caride foron os principais triunfadores da XVIII edición do Festival de Cans, concluída este sábado 4 de setembro, despois de que os seus respectivos traballos recibisen dous galardóns cada un.

No caso de Alberto Vázquez, a súa curta ‘Homeless Home’ obtivo os premios á Mellor Banda Sonora –baixo a firma de Víctor García– e Mellor Curto de Animación. Vázquez xa gañara en tres ocasiones anteriores na categoría de animación. Ademais, no seu palmarés conta tamén con tres premios Goya.

Noelia Muíño, realizadora formada en Santiago, Barcelona e Nova York, recibiu os premios a Mellor Película e Mellor Dirección coa súa curtametraxe ‘Monte Bravo’, que se suman aos tres galardóns que recibiu en 2019 con ‘The Widow’.

Outro director que gañou dous premios é Gon Caride, grazas á súa película ‘Deux Options’. No seu caso, saíu vencedor nas categorías de Mellor Actor –que compartiron os actores Jan Soia e Noël Faur– e Mellor Guión.

OUTROS PREMIADOS

Os outros premiados na sección de Ficción e Animación queda completa da seguinte maneira: Mellor Fotografía, foi outorgado a Marcos delOu Villar polo seu traballo en ‘Cabelo’; a intérprete Lidia Veiga fíxose co galardón a Mellor Actriz pola súa actuación en ‘O que queda de nós’.

O xurado de Ficción e Animación desta edición estivo integrado pola actriz e realizadora Sara Casasnovas, o director Alejandro Marzoa, a produtora e montadora Emilie Lescaux, o compositor e produtor Xavi Font e o director e guionista Fon Cortizo.

Pola súa banda, o premio do Xurado dos Veciños foi para ‘Cineris’, de Carlos A. Quirós. Os veciños de Cans que avaliaron as curtametraxes participantes destacaron “a maneira na que a curta achega ao público, mediante o uso do humor negro, un tema como a morte dunha persoa”. O Premio do Público foi para o curto ‘O son da tirotea’, de Daniel Suárez Rubini.

TRABALLOS DOCUMENTAIS

Entre as cintas competidoras na sección FuraCáns –na que compiten traballos documentais e de videocreación– gañou a curta ‘Os corpos’, de Eloy Domínguez Serén, que chegaba a Cans despois de ser premiada en certames internacionais como o IDFA de Amsterdam, o Bafici de Buenos Aires ou o Clermont- Ferrand de Francia.

A sección Novas Camadas incorporouse o ano pasado ao Festival para recibir traballos de creadores amateurs. A curtametraxe gañadora desta segunda edición foi ‘Aleteado’, de Yuri Salgado Álvarez. ‘One Gardening Day’, de Aarón Pérez Pardiñas, obtivo unha mención de honra nesta categoría.

O xurado destas seccións estivo integrado polo director e produtor Guillermo García López; a documentalista, artista visual e docente Xisela Franco; e o crítico e escritor Jaime Pena.

O premio ao Mellor Videoclip foi para ‘Veleno’, de Baiuca, realizado por Adrián Canoura. O xurado estaba formado pola deseñadora gráfica, música e compositora Elba Fernández; o músico, DJ e promotor Ramiro Mctersse Ramiroquai; e o programador cultural e xornalista musical Sergio Valbuena.

ÚLTIMAS

A UVigo conmemora o Día Mundial dos Océanos cos aniversarios da Ecimat e do Centro de Investigación Mariña

A Universidade de Vigo (UVigo) celebrou este luns o 20º aniversario da apertura da...

A Autoridade Portuaria de Vigo saca a poxa por 62.000 euros o narcobuque ‘Gure Leire’

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo acordou poxar o pesqueiro vasco...

O BNG esixe a Abel Caballero que rompa o “muro de silencio” ante as 41.000 queixas veciñais presentadas en Vigo

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu este luns "acabar co muro de...

A Xunta suprime a única oficina de rexistro propio de Augas de Galicia en Vigo para racionalizar recursos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a orde pola que se...