InicioVigo e contornaO PorriñoA Xunta destaca a subvención dada ao Festival de Cans e o...

A Xunta destaca a subvención dada ao Festival de Cans e o PSdeG o seu “talento e calidade”

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiron ao día grande deste festival.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, asistiu este sábado ao día grande do Festival de Cans, que, tras varias xornadas de actividade cinematográfica, pecha a súa XVIII edición con numerosas actividades como a proxección de curtos das principais categorías, a colocación da estrela do realizador brasileiro Kléber Mendoça no Torreiro das Estrelas e a gala final de entrega de premios.

Nun comunicado remitido aos medios, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade destacou que a 18º edición do Festival de Cans recibe un ano máis o apoio da Xunta a través dunha liña específica de subvencións que en 2021 incrementou o seu orzamento ata os 200.000 euros para contribuír á organización de 14 encontros en toda Galicia.

PRESENZA DOS SOCIALISTAS

Por outra banda, ao evento tamén acudiu o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen estivo acompañado do alcalde do Porriño, Eva García de la Torre; así como das deputadas socialistas Noelia Otero e Leticia Gallego.

Desde alí, conforme destacou o PSdeG noutro comunicado, o dirixente socialista trasladou o seu apoio ao “emblemático” festival de curtametraxes que anualmente se celebra na parroquia do Porriño e puxo en valor o traballo desenvolvido pola organización e os veciños no desenvolvemento do evento.

“O Festival de Cans é un exemplo do talento e da calidade do sector audiovisual de Galicia, que ten un enorme calado e recoñecemento a nivel nacional e internacional”, reivindicou o líder do PSdeG, que aproveitou a súa visita para felicitar ao director Jorge Coira, que este ano recibiu o Premio Pedigrí 2021 por parte do xurado.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...