InicioVigo e contornaMosDous feridos nun choque entre unha furgoneta e un coche na A-55...

Dous feridos nun choque entre unha furgoneta e un coche na A-55 Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas este sábado no choque entre un turismo e unha furgoneta na autovía A-55 ao seu paso por Mos.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu pasadas as 14,00 horas da tarde e foi un particular quen chamou á central de emerxencias para alertar deste accidente ocorrido na parroquia de Petelos. O alertante descoñecía se había persoas atrapadas ou feridas os vehículos implicados.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e do servizo municipal de emerxencias de Mos. Tamén foi solicitada a intervención do servizo de mantemento das estradas para garantir e restablecer as condicións de seguridade na vía.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...