InicioVigo e contornaVigoDetido no Álvaro Cunqueiro por actuar de forma violenta contra os sanitarios

Detido no Álvaro Cunqueiro por actuar de forma violenta contra os sanitarios

O rapaz, de 29 anos de idade, atopábase baixo os efectos do alcol.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron este venres a un mozo de 29 anos de idade, por protagonizar un altercado no Hospital Álvaro Cunqueiro, onde se comportou de forma moi agresiva con persoal sanitario e de seguridade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron sobre as 3,00 horas da madrugada, cando o 092 trasladouse ao hospital tras recibir un aviso pola presenza dun mozo que estaba a actuar de forma violenta.

Cando chegaron os axentes, observaron que o mozo se atopaba baixo os efectos do alcol e que mantiña unha actitude agresiva, polo que foi reducido e detido.

ÚLTIMAS

Un choque entre un coche e un camión provoca retencións na avenida de Beiramar, en Vigo

Un accidente de tráfico entre un turismo e un camión está a provocar retencións...

BNG critica que Sareb funcione “como unha especie de fondo voitre”

O BNG criticou este martes que a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da...

O Celta consegue que a RAG incorpore no diccionario “canteirán,canteirá”

O Diccionario da Real Academia Galega (RAG) incorporou "Canteirán, canteirá" como nova acepción tras...

De Baiona a Bruxelas: a iniciativa cidadá que cambiará a seguridade infantil nos coches europeos

Pedro Telmo, veciño de Baiona, impulsou unha campaña en Change.org que superou as 62.500...