InicioEconomíaCCOO demanda maior investimento no sector do ferrocarril

CCOO demanda maior investimento no sector do ferrocarril

O sector Ferroviario de CCOO inicia esta semana no Porriño unha rolda de reunións cos Concellos en defensa de máis investimentos ferroviarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sector Ferroviario de CCOO propón a creación dunha plataforma municipal a prol da liña ferroviaria do Miño, unha infraestrutura «estratéxica» para Galicia que acumula anos de «deterioración e abandono».

Así se propuxo nun encontro celebrado o pasado martes no Concello do Porriño entre a alcaldesa, Eva García de la Torre e por parte de CCOO acudiron Antonio Conde, coordinador provincial do sector Ferroviario, acompañado de Juan Gómez e Guillermo García.

Nun contexto en que están previstos investimentos para mellorar o ferrocarril en Galicia —recollidos no Plan director, entre outros—, CCOO defendeu ante a alcaldesa porriñesa un modelo de «ferrocarril de consenso» que sexa «útil» para a vertebración territorial da comunidade autónoma, para as necesidades de mobilidade das persoas e tamén para as empresas.

O secretario xeral do sector Ferroviario de CCOO en Pontevedra tamén denunciou nesta reunión que, co pretexto da pandemia, estanse a suprimir servizos ferroviarios, «obviando as necesidades de mobilidade terriorial», lamentou. «Estas medidas non se poden tomar de costas aos Concellos», insiste o sindicalista.

A INTERMODALIDADE, “CLAVE”

Para CCOO, a intermodalidade no transporte é unha cuestión «clave» que debe ser atendida; necesaria para a mobilidade de Galicia e tamén para achegarse a Portugal ou a outras comunidades autónomas e contribuír a asentar poboación. Tamén cómpre a interoperatividade, «necesaria para un modelo ferroviario útil e funcional», apunta Conde.

Segundo o sector Ferroviario de CCOO, Galicia necesita dunha rede de proximidade que una núcleos poboacionais «estratéxicos» e que o prezo dos billetes de tren garde relación co nivel de vida da poboación galega. «O deseño de políticas tarifarias que integran distintos medios de transporte público conduce a unha comunidade socialmente comprometida», enfatizan desde o sindicato.

Así mesmo, as frecuencias dos trens de proximidade, ademais da coordinación da interoperatividade, deben adecuarse ás conexións cos servizos aéreos, marítimos e o transporte por estrada. «É o momento de vertebrar os servizos ferroviarios en toda Galicia», con especial atención á liña do Miño no que se refire á provincia de Pontevedra.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...