InicioEconomíaConcello de Vigo prevé finalizar o túnel á estación de Urzáiz "a...

Concello de Vigo prevé finalizar o túnel á estación de Urzáiz “a finais de 2021 ou principios de 2022”

O rexedor olívico, Abel Caballero, explicou que "xa está feita a metade do túnel" e que nese acceso e outras actuacións, o Concello investirá 12 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo prevé finalizar a obra de construción do túnel que dará acceso á estación intermodal de Urzáiz desde a autoestrada AP-9 e desde a rúa Lepanto “a finais de 2021 ou principios de 2022”.

Así o trasladou este luns en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, que visitou as obras xunto á presidenta da Deputación, Carmela Silva; o delegado de Zona Franca, David Regades; e os concelleiros Javier Pardo, Elena Espinosa e María José Caride.

O rexedor olívico explicou que “xa está feita a metade do túnel” e que nese acceso e outras actuacións, o Concello investirá 12 millóns de euros. A eles sumaranse os investimentos para o acondicionamento da praza da estación, o ascensor entre esa praza e Vía Norte, ou o ascensor ‘Halo’, entre a zona de García Barbón e o complexo intermodal.

O total das actuacións que levarán a cabo nesa contorna, incluíndo o Centro Vialia que se inaugurará en setembro, ascenden a 141 millóns de euros, e iso “sen contar a propia estación” e a infraestrutura ferroviaria.

Abel Caballero insistiu en que esta é unha “obra histórica” na cidade, e que “en breve” estará listo o estudo de alternativas para o saída sur ferroviaria (que acaba de ser adxudicado por algo máis de 300.000 euros). Así mesmo, incidiu, o avance do estudo hidrogeológico para a conexión do AVE directo por Cerdedo, “dá luz verde” ao trazado.

ÚLTIMAS

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...