InicioEconomíaAs estacións de servizo denuncian altos impostos: "Aportamos máis de 96 millóns...

As estacións de servizo denuncian altos impostos: “Aportamos máis de 96 millóns de euros á Xunta”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A directiva da Federación Galega de Estacións de Servizo (FEGAES) presentou este mércores en Vigo as principais conclusións do informe sobre os prezos dos carburantes en Galicia que encargaron a Fuel Marketing Consulting, consultora especializada no sector.

O obxectivo da Federación coa realización deste estudo é poder trasladar aos consumidores cal é a situación real dos prezos dos carburantes en Galicia e ofrecer unha comparativa con respecto ao resto de España.

O autor do informe, José Antonio Berenguer, comezou puntualizando que, pese á percepción xeral, Galicia nunca é a comunidade na que os prezos son máis altos. Tal e como apuntou, o principal motivo polo cal o consumidor galego percibe que o PVP dos carburantes é máis caro que noutras comunidades é a aplicación do Imposto sobre a Vendas Minoristas de Determinados Hidrocarburos (IVMH), coñecido como “céntimo sanitario”.

O experto incidiu en que na nosa comunidade estase aplicando o valor máximo deste imposto (0,048 euros por litro) que, xunto ao IVA, fai que os clientes das estacións de servizo galegas paguen 0,058 euros máis por litro.

Se facemos unha comparativa dos prezos antes de impostos, compróbase que Galicia se sitúa practicamente sempre por baixo da media nacional, “o que constata que os empresarios das estacións de servizo galegas están renunciando a parte da súa marxe de beneficios con respecto a outras provincias para poder ser viables”, subliñan.

Galicia é a sétima comunidade en número de estacións, con ao redor do 6% do total de España, en cambio, na venda media está na posición número 11. Ademais, a dispersión poblacional da nosa comunidade fai que o número de habitantes por estación de servizo estea por baixo da media nacional, o que tamén inflúe no volume de vendas.

En canto ao emprego, Galicia ten un número de traballadores por estación igual ao da media nacional, pero un traballador galego vende un 14% menos que a media nacional. As estacións de servizo atendidas, comparadas coas desatendidas, reducen as súas marxes aproximadamente nun 40%, segundo o estudio.

Como pechadura, o secretario de FEGAES, Xullo López, incidiu en que “este sector aporta máis de 96 millóns de euros á Xunta de Galicia pola aplicación do tramo máis alto do impostos e en que os empresarios son os primeiros prexudicados con estes prezos, xa que ven como os seus negocios están deixando de ser competitivos fronte a estacións de servizo desatendidas ou low cost que baixan os prezos “descendendo a calidade do servizo e destruíndo postos de traballo”.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...