InicioVigo e contornaVigoPropietarios e cans protestarán este domingo en Samil para poder entrar "libremente"...

Propietarios e cans protestarán este domingo en Samil para poder entrar “libremente” nos areais

"Os animais son máis respectuosos coa contorna, non tiran plástico nin vidro", din desde PACMA.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Propietarios de cans e mascotas reivindicarán poder ir xuntos á praia
A praia de Samil, en Vigo, será escenario durante a mañá deste domingo dun paseo reivindicativo organizado por PACMA no que propietarios de cans e as súas mascotas mobilizaranse para esixir que se lles permita acceder xuntos a praias, ríos e demais lugares de esparexemento.

Segundo explica o Partido Animalista nun comunicado, non existe informe hixiénico-sanitario algún que relacione a presenza de animais na praia con insalubridade ou riscos para os bañistas, polo que lamentan que unicamente se permita o acceso con cans a pouco máis dun centenar de praias en toda España.

“Non hai rexistros de problemas de convivencia nas poucas praias nas que está permitido o acceso a animais. É inxusto que non sexa algo xeneralizado”, sinalan. A acción #PraiasParaTodos avoga por unha “convivencia harmónica” entre persoas e animais nas praias e outros lugares de lecer.

“Vemos como se realizan botellóns, picnics e festas nos areais, que moitas veces quedan cubertos de lixo. Os animais son máis respectuosos coa contorna, non tiran plástico nin vidro. O importante é que as persoas que os acompañan sexan respectuosas e recollan as deposicións”, argumentan desde PACMA

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...