InicioSucesosDetido un mozo que tentou coarse en dependencias da Policía Local para...

Detido un mozo que tentou coarse en dependencias da Policía Local para recuperar unha mochila

Os feitos ocorreron na tarde deste xoves pasado. O mesmo mozo estivera detido antes en dependencias policiais en Tui.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un mozo de 22 anos de idade, K.A., natural de Marrocos, como presunto autor dun delito de atentado contra axentes da autoridade, por tentar agredir a un funcionario que lle impedía coarse en dependencias da Xefatura deste corpo de seguridade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde deste xoves, cando este mozo se presentou en dependencias da Policía Local de Vigo reclamando recuperar unha mochila da súa propiedade.

O funcionario encargado do control de acceso informoulle de que a súa mochila non se atopaba alí pero o mozo insistiu e tentou acceder ao interior, a pesar das indiciaciones do axente para que abandonase o recinto.

Nese momento, outros dous axentes presentáronse no lugar e cortáronlle o paso ao sospeitoso, que reaccionou de forma violenta, e tentou dar unha puñada na cara dun deles.

Por estes feitos foi detido, por un presunto delito de atentado contra axentes da autoridade. Ante a negativa reiterada do mozo a identificarse, os policías cacheárono e atoparon entre as súas pertenzas un documento de asistencia médica por estar detido o día anterior, nesa ocasión en Tui. Contactada a Policía Local tudense, os axentes de Vigo confirmaron a identificación do mozo.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...