InicioSociedadeSobe a presión hospitalaria na área de Vigo ás portas da...

Sobe a presión hospitalaria na área de Vigo ás portas da segunda quincena da gosto

Hai 3.715 casos activos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presión hospitalaria por enfermos de covid-19 incrementouse en Galicia, con sete pacientes máis este xoves, así como os contaxios por coronavirus, un total de 821, en vésperas do inicio do fin de semana festivo no que as autoridades sanitarias instaron a extremar as medidas de seguridade pola pandemia.

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) das 18:00 horas deste xoves, pese ao incremento de pacientes en hospitais e ao repunte de contaxios, continúa descendendo o número de persoas con infección activa, aínda que a un ritmo menor que os días anteriores, con 390 menos, até situarse en 15.156.

PRESIÓN HOSPITALARIA

En total hai nos hospitais galegos 324 persoas ingresadas enfermas de covid-19, das que 269 están en planta, tres máis que o mércores, e 55 na UCI, catro máis. A área sanitaria de Vigo, acumula 53 hospitalizados (-1) con sete en UCI (+1).

INCIDENCIA

Desde o inicio da epidemia en Galicia contaxiáronse 169.077 persoas e recuperáronse 151.443, das que 1.207 foron na última xornada. A cifra de falecidos ascende a 2.508, tras o catro mortes comunicadas polo Sergas nas últimas horas.

Por áreas sanitarias, o descenso de casos é xeneralizado, sobre todo na de Vigo, con 95 menos, o que sitúa a cifra en 3.715.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...