InicioVigo e contornaVigoO Marisquiño deixou en Vigo un 92 % de ocupación hoteleira e...

O Marisquiño deixou en Vigo un 92 % de ocupación hoteleira e esta ponte prevese chegar ao 95 %

Caballero di que que a tempada turística estival en Vigo "está a ir francamente ben".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O festival O Marisquiño, celebrado en Vigo o pasado fin de semana, deixou na cidade unha ocupación hoteleira do 92 %, e a próxima ponte festiva, o dos días 13 ao 16 de agosto, prevese chegar ao 95 % de ocupación.

Así o trasladou o alcalde da cidade, Abel Caballero, que sinalou, en rolda de prensa, que a tempada turística estival en Vigo “está a ir francamente ben”. “Está a ser unha boa tempada”, proclamou.

Segundo o rexedor olívico, a cidade “está a consolidarse como destino turístico” tanto no verán, como noutras estacións. Así, en época estival, os visitantes acoden a Vigo atraídos por “as praias, a oferta gastronómica ou a beleza da cidade”.

En Nadal, subliñou, Vigo xa se converteu en “un destino turístico a nivel europeo”, e celebrou que estas boas cifras e expectativas están a facer que o sector da hostalaría vaia “levantando cabeza aos poucos”.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...