InicioPolíticaComeza a demolición da bancada do Marcador en Balaídos

Comeza a demolición da bancada do Marcador en Balaídos

A nova bancada será financiada por Concello e Deputación, cun investimento duns 15,5 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As obras de demolición da antiga bancada do estadio municipal Abanca Balaídos comezaron formalmente este luns, e desenvolveranse ao longo do próximo “mes ou mes e medio”, segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, que lembrou que a nova bancada será financiada por Concello e Deputación, cun investimento duns 15,5 millóns de euros.

Segundo explicou o rexedor olívico en rolda de prensa, tras o traslado dos sistemas de cableado e do servizo de Bombeiros (que tiña un dos seus parques nos baixos do estadio), iniciaranse os traballos de derriba, que suporán demoler unhas 10.000 toneladas de formigón.

A nova bancada contará con novos accesos, 8 ascensores e asentos a pé de campo, en concreto, subliñou Caballero, “30 metros máis preto” do terreo de xogo.

O alcalde insistiu en que a práctica total da reforma do estadio está a ser sufragada por Concello e Deputación (ata agora o investimento ascende a 27,5 millóns de euros).

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...