InicioSociedadeDescenden as hospitalizacións con covid pero seguen altos os contaxios na área...

Descenden as hospitalizacións con covid pero seguen altos os contaxios na área de Vigo

Segue por riba dos 4.400 contaxiados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A un par de días de terminar o mes de xullo os novos contaxios de Covid-19 descenden a 1.077 en Galicia, aínda que se manteñen por encima do milleiro desde fai dez xornadas, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 277 –trece máis–, deles 35 en UCI. Pola súa banda, os casos activos increméntanse a menor ritmo ata os 18.776 e a taxa de positividade cae a un 9,5%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do mércores, recollidos por Europa Press, na área de Vigo descenden a dous os pacientes Covid en UCI e a 40 os doutras unidades –dous menos–.

MÁIS CASOS ACTIVOS

Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 ascenden de novo e acumulan 36 xornadas consecutivas á alza, pero a menor ritmo, ata os 18.776, que implican 241 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (1.077) que altas (834), aos que se engade dous falecementos. Con respecto a fai sete días, Galicia rexistra unhas 4.800 infeccións activas máis que o pasado xoves, 22 de xullo, cando había 13.963 no conxunto do país.

Por áreas sanitarias, os casos activos aumentan en 34 e suman xa 4.412 casos.

MENOS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19, a piques de concluír o mes de xullo, seguen desde o martes día 20 por encima do milleiro, pero descenderon a 1.077, o que supón 180 menos que os 1.257 da xornada anterior e a cifra máis baixa desde o inicio da semana que arrincou con 1.115.

En Galicia foron confirmados 1.113 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), deles, 254 na área de Vigo.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...