InicioSucesosSocorristas rescatan un home que practicaba windsurf en Nigrán

Socorristas rescatan un home que practicaba windsurf en Nigrán

A persoa non precisou asistencia médica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Socorristas rescataron na tarde deste luns a un home que practicaba windsurf en Nigrán e que non era capaz de regresar á beira. Segundo informa o 112, foi o propio particular quen, pasadas as 18,00 horas, se puxo en contacto co 112 Galicia para solicitar axuda para saír da auga. O home sinalaba que estaba no mar, en Nigrán, entre a praia de Patos e Monteferro, e que non tiña forzas para volver á beira.

O 112 deu aviso a Salvamento Marítimo e aos socorristas da praia, que xa tiñan coñecemento da incidencia e ían camiño do alertante cunha embarcación. Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, tamén se informou ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Local e a Protección Civil de Nigrán.

Os socorristas confirmaron que o particular foi finalmente trasladado ata o areal pola embarcación de socorrismo e que non necesitou asistencia sanitaria.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...