InicioVigo e contornaVigoO papel da ciencia durante a Covid-19, foco deste Día de Galicia...

O papel da ciencia durante a Covid-19, foco deste Día de Galicia en Vigo

O evento terá lugar o próximo 3 de agosto en Castrelos, onde o presidente do Grupo Zendal será o pregoeiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo celebrará o Día de Galicia cun acto que porá en valor o papel exercido pola ciencia ante a pandemia da covid-19 e que terá lugar o próximo 3 de agosto en Castrelos. Nunha rolda de prensa, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que o pregoeiro do evento será o director executivo do Grupo Zendal, Andrés Fernández, un conglomerado empresarial no que se integra Biofabri, que producirá a vacina de Novavax contra o coronavirus.

O rexedor olívico explicou que mediante o acto búscase “render tributo á ciencia”, que permitiu que se dispoña de vacinas para afrontar esta patoloxía, así como aos profesionais que traballaron para desenvolvelas.

Deste xeito, destacou a “gran débeda social” contraída pola cidadanía cos profesionais que traballaron para dar resposta á pandemia, aos que trasladou a súa “gratitude infinita”. Así, sinalou que se aspira a “render homenaxe a estas persoas heroicas na loita contra a covid-19” mediante o pregoeiro escollido para o acto.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...