InicioVigo e contornaVigoO Marisquiño presume de deportistas internacionais a pesar da pandemia

O Marisquiño presume de deportistas internacionais a pesar da pandemia

Este ano a actividade repartirase entre o peirao de Trasatlánticos, a Explanada fronte ao hotel Bahía e a Praza da Estrela e son necesarias entradas para ver as diferentes competicións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A XX edición do Marisquiño xa conta coa confirmación de destacados deportistas internacionais, que a pesar das dificultades que supón a pandemia do Covid-19 e a coincidencia cos Xogos Olímpicos se animan a vir á cidade olívica para participar no evento.

O skater canadiense Ryan Decenzoserá unha das principais figuras da edición deste ano, que participa por primeira vez neste festival. A el súmanse o arxentino Matias de Ollio e o peruano Angelo Caro, que xa estivo en Vigo no 2019 e que este ano participará no festival despois de representar ao seu país nos Xogos Olímpicos.

A disciplina BMX, unha das preferidas do público do Marisquiño, contará coa participación de riders internacionais como Courage Adams, Daniel Peñafiel “Naran”, Fernando Laczko ou o arxentino José Maligno. En canto ao Descenso Urbano, chegarán a Vigo para participar no festival o portugués José Borges, gañador noutras 3 edicións e o canario Edgar Carballo, vencedor no 2019. En canto á categoría feminina o público poderá gozar da presenza das sete veces gañadora de O Marisquiño Rosi Martínez e de Eva Castro, que triunfou en Vigo dúas veces.

A disciplina de Break Dance tamén conta con representación internacional da man dos portugueses e brasileiros Atlantic Union, os venezolanos Flying Legs que, entre outros, competirán contra a formación española XVII Generation.

Vigo prepárase un ano máis O Marisquiño e a 15 días do festival as obras de infraestrutura xa comezaron para ter todo preparado para o esperado evento. Este ano a actividade repartirase entre o peirao de Trasatlánticos, a Explanada fronte ao hotel Bahía e a Praza da Estrela. A expectación que xera o Marisquiño demóstrase en que en menos dunha semana as entradas para o festival xa case se acabaron, quedando só algunhas para as xornadas matinais de Skate. A reserva púxose en marcha o pasado 15 de xullo, que este ano non terá acceso libre para evitar concentracións do público.

ÚLTIMAS

Cinco feridos nun accidente en Mos

Cinco persoas resultaron feridas na mañá deste sábado ao chocar frontalmente dous vehículos no...

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...