InicioCulturaO concerto de Ginebras celebrarase o 28 de agosto en Vigo

O concerto de Ginebras celebrarase o 28 de agosto en Vigo

Os abonos e as entradas do venres 16 de xullo serán válidas para a nova data, aínda que será preciso confirmar a asistencia nun prazo de 10 días por correo electrónico na dirección de Ataquilla.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concerto de Ginebras previsto para o pasado venres no marco do festival Vive Nigrán que se celebraba na localidade homónomina e que foi suspendido pola detección dun caso de covid-19 celebrarase o 28 de agosto en Vigo.

Segundo trasladaron os organizadores do evento, o concerto do grupo terá lugar o próximo 28 de agosto na terraza do Auditorio Mar de Vigo.

Os abonos e as entradas do venres 16 de xullo serán válidas para a nova data, aínda que será preciso confirmar a asistencia nun prazo de 10 días por correo electrónico na dirección de Ataquilla. Tamén poderá solicitarse a devolución da parte proporcional do concerto de Ginebras por e-mail nun prazo de 10 días.

En concreto, o concerto fora previsto para o pasado venres no marco do festival que se celebraba xunto a praia América, pero a detección dun caso de covid-19 no equipo supuxo a súa cancelación. Así, o cartel desa xornada, na que actuou Natalia Lacunza, completouse coa artista arxentina afincada en Vigo Babykatze.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...