InicioSucesosDetido en Vigo un home de 51 anos por ameazar á súa...

Detido en Vigo un home de 51 anos por ameazar á súa nai cun coitelo

A lea produciuse despois de que ela se negara a darlle os cartos que pedía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo arrestou na noite do venres a un home, veciño da cidade de 51 anos, por agredir e ameazar cun coitelo á súa nai, de 77 anos, despois de pedirlle diñeiro. Segundo relata o corpo municipal, a Sala do 092 recibiu unha chamada sobre as 22,45 horas indicando que na Travesía de Vigo un home tivera un altercado coa súa nai.

Os axentes trasladáronse ao domicilio, onde a suposta vítima manifestou que se atopaba descansando na súa cama cando o seu fillo entrou na habitación para increpala, suxeitala violentamente e levantala á forza. De acordo coa súa versión, levouna á cociña e alí ameazouna cun coitelo ante a súa negativa a entregarlle os 150 euros que lle esixía.

O home fuxiu do domicilio no momento en que se decatou da inminente chegada dos axentes. No entanto, ao intre volveu tras forzar o ferrollo da porta, polo que se solicitou novamente a presenza da Policía. Entón, procedeuse á detención de JM.S.H., veciño de Vigo de 51 anos de idade, por un suposto delito de violencia no ámbito familiar.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...