InicioSociedadeO CEIP Nº2 de Tui e o CEIP Frián-Teis de Vigo, entre...

O CEIP Nº2 de Tui e o CEIP Frián-Teis de Vigo, entre os colexios con recortes de profesorado e aulas

A CIG alerta de recortes de docentes e clases en máis de 30 centros de Infantil e Primaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG alerta de recortes docentes e clases en máis de 30 centros de Infantil e Primaria, xa que a Consellería de Educación “está a apertar o acelerador” para “elevar ao máximo o peche de aulas”. Nun comunicado, expón que a Xunta pecha centros completos no rural como o CEIP Baamonde (Begonte) e CEIP Piñeiro de Val (Mazaricos). Ademais, “preténdese agrupar a todo o alumnado de Primaria” –17 nenos de 1º a 6º– do CEIP Areouta, en Fisterra, o que tacha de “despropósito”.

Así mesmo, critica recortes de profesorado e aulas en: CEIP San Marcos (Abegondo), CEIP A Maía (Ames), EEI VIlarrodís (Arteixo), CEIP Praia Xardín (Boiro), CEIP Portofaro (Cambre), CEIP Sacra Familia (A Coruña), CEIP Salgado Torres (A Coruña), CEIP Isaac Díaz Pardo (Culleredo), CEIP Recimil (Ferrol), CEIP Areouta (Fisterra), CPI Pontecarreira (Frades), CEIP O Coto (Negreira), CEIP A.D.R. Castelao (Ordes).

Esa lista de recortes que denuncia segue con: CEIP Flavia (Padrón), CEIP Santa María (As Pontes), CEIP Serra de Outes (Outes), CEIP Deán Grande (Ribeira), CEIP Palmeira (Ribeira), CEIP A Igrexa-Calo (Teo), CEIP Princesa de España (Verín), CEIP Folla Respino (Vilamarín de Valdeorras), CEIP A Pedra (Bueu), EEI A Pastora (Cambados), CEIP Dr. Suárez (Fornelos de Montes), EEI N. Sra. do Carme (Marín), CEP Altamira (Salceda de Caselas), CEIP Nº 2 (Tui), CEIP Frián-Teis (Vigo).

“Máis aló dos peches”, avisa das necesidades dos diferentes centros, como os informes que apuntan a que un 10% dos nenos do colexio de Calo, en Teo, necesitan apoio específico. Por todo iso, o sindicato carga contra a “falta de sensibilidade” da Consellería de Educación cos servizos públicos nun novo curso en plena pandemia.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...